Martes. 07.04.2020
El tiempo

Costa da Morte: un espazo de rali... fotográfico

Costa da Morte: un espazo de rali... fotográfico

Que a nosa natureza é noso meirande tesouro é algo xa comprobado. Pero non deixamos de alegrarnos cando recibimos nova visitas, como a que a fin de semana do 14 de abril protagonizaron un grupo de fotógrafos afeccionados dende Padrón.

A organización corría da man da Casa Meixida, que artellou unha Ruta dos Faros para uns 25 participantes dirixida polo coñecido Xoán Arco da Vella. O percorrido do Rali comezaba no faro de Rebordino, pasando polo Faro de Punta Louro, despois camiño do faro de Lariño, parando en Carnota para visitalo Hórreo, o Ezaro, faro de Corbubión, Faro Fisterra e remate da ruta fareira no Faro de Touriñán.

Todos destacaron a enorme beleza paisaxística da zona, catalogándoa de "alucinante". e destacaron que pronto volverán con outra cita, desta volta monográfica sobre o Monte Pindo.

Finalmente a gañadora foi Nieves Taboada con esta fermosa imaxe do reflexo do Faro de Lariño.

Pero houbo moitas máis imaxes senlleiras, como estas:

Máis fotografía en Coristanco

Entrementres, o vindeiro xoves, 3 de maio de 2012, inaugúrase no 2º andar do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, a exposición das imaxes galardoadas e participantes na I edición do concurso fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, organizado pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños.

Os/as interesados/as poderán visitala mostra ata o 31 de maio de 2012, no seguinte horario:
- De luns a venres: de 10:00h a 18:00h.
- Sábados e domingos: de 16:00h a 20:00h.

Outro certame

Así mesmo, recordámoslles que os/as interesados/as en participar no concurso europeo de fotografía Imaxes da Europa rural, teñen de prazo para presentar as súas instantáneas ata o 11 de maio de 2012.
Para máis información contactar co GDR Bergantiños no teléfono 981 70 73 77.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios