Dumbría, Fisterra e Muxía estrearon as súas novas Casas do Maior

A Casa do Maior de Ponte Olveira convírtese en doble

Completouse este sábado a doble xornada de portas abertas das 5 novas Casas do Maior coas que conta a Costa da Morte. Parece clara a aposta da área de Dependencia da Xunta por este formato de pequenas casas, xestionadas externamente, que pola creación de novos Centros de Día públicos. Con todo, na comarca temos a sorte de contar cun fermoso proxecto de emprendemento social, liderado por Colaxe, que xa ten recibido premios. A Rede de Cooperativas da Costa da Morte conta xa con 21 Casas en 9 concellos, nas que traballan outras 21 mulleres autónomas que participan como cooperativistas, para dar atención diúrna gratuita a más de 100 personas maiores do rural.

Se a semana pasada abrían as súas portas as da Campara (Ponteceso) e de Suevos 2 (Mazaricos), este sábado as que abriron ás sñuas portas á veciñanza para que coñezan as súas instalacións foron as de Ponte Olveira 2 (Dumbría), Senande (Muxía) e Vilar (Fisterra).
Nas 3 xornadas explicaron as casas atenden de maneira gratuíta (inclúe transporte e manutención)a persoas maiores de máis de 60 anos en situación de dependencia moderada, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo e saudable. O horario de atención será dun máximo de oito horas diarias e durante todo o ano, agás os días festivos e o mes de vacacións.

En Dumbría

Natali Asorey de Colaxe

En realidade, a de Ponte Olveira, xa había 5 usuarios, pero co novo financiamento, a Rede conseguíu dúas profesionais, Martina e Nerea, qeu son as coorperativistas autónomas que van coidar ás 10 prazas actuais. O alcalde dumbriés Raúl González transmitiu o apoio municipal a calquera actuación e felicitou aos usuarios por animarse a participar nestes "servizos de proximidade" que palian a soidade.

En Fisterra

O Director de Maiores, Antón Acevedo, como representante da Xunta, escolleu a casa de Vilar, en Fisterra. Acompañado do alcalde popular Luís Insua, e da ex rexedora de AV, Áurea Domínguez, abríronse as portas da que xa é a terceira casa fisterrá, demostrando a importante demanda dos maiores do concello. De feito, as dúas casas de Suarriba xa están cheas.

Lu é a cooperativista da Casa do Maior de Vilar

En Muxía

En Muxia, xa foi o domingo pasaddo cando se celebrou o acto, ao que non faltaron o alcalde Javier Sar, e tenente alcalde Sandra Vilela, ademais da concelleira de Servizos Sociais Sofía López, que quixeron acompañar a Cristina, a cooperativista, que abre as súas portas en Senande.

Máis novas