Dumbría speaks in English

Se onte coñecíamos a proposta teatreira do Concello de Dumbría para este curso, hoxe traemos outra idea moi novedosa. O Departamento de Cultura vén de anunciar a creación dun espazo de comunicación, aprendizaxe e dinamización en lingua inglesa.
O programa "Dumbría Speaks", situado nas instalacións do Conco, está dirixido a persoas de tódalas idades, desde bebés, nenos/as pequenos/as e maiores, empresas, traballadores e persoal desempregado, estudantes, emprendedores ou amas de casa,...

Trátase dun proxecto de inmersión lingüística no que persoal nativo en lingua inglesa impartirá clases de speaking cunha metodoloxía propia que procurará que se fale inglés desde o primeiro día.

Máis información e inscricións

Poden informarse en Dumbría é Cultura, ou no Concello, e xa poden realizar as súas Inscricións ata o 24 de xaneiro nas oficinas municipais ou no 981 744 001.

Novas relacionadas

Fonte