Dumbría arrinca coa súa Escola de Teatro con Talía

08:15 09/01/14

No mes de febreiro botará a andar de novo a Escola Municipal de Teatro no Concello de Dumbría. Coma cada ano, e coma en moitos concellos da volta, será a compañía costeira Talía Teatro a que desenvolva unhas clases dirixidas a nenos a partir dos 6 anos e tamén a adultos.
Para participar, tedes que inscribirvos nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais. Teléf.: 981 744 001, antes do 27 de xaneiro.