Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Escola de Tecnificación do Atlético en Dumbría xa está lista para rodar

A Escola de Tecnificación do Atlético en Dumbría xa está lista para rodar
Hector Antelo presentando a Escola de Tecnificacion do Atletico de Madrid en Dumbria

Onte tiña lugar unha xornada de portas abertas no Conco para coñecer de preto a Escola de Tecnificación que o Atlético de Madrid está abrindo en Dumbría. Xentes de diferentes puntos da Costa da Morte (Muxía, Muros, Vimianzo, Cee, Camariñas...) achegáronse ás modernas instalacións deportivas do Conco para escoitar a presentación do seu responsable, Héctor Antelo Reñones.

Antelo explicou que a escola está dirixida a tódolos nenos e nenas de entre 4 e 17 anos, tanto se forman parte dun equipo coma se non e sen importar o seu nivel deportivo.
Ademais destacou que a Escola centrarase "tanto nos adestramentos que se van realizar na Escola tódolos luns, como do resto das actividades que impulsaremos dende a Fundación (charlas formativas, clinics e campus, torneos...)".

Antelo comentou que xa hai un bo número de inscricións, e o prazo vai seguir aberto mesmo unha vez iniciadas as sesións o vindeiro luns. As inscripcións pódense levar a cafetería das instalacións de O Conco xunto co xustificante de pago, como opción alternativa a do envío por correo electrónico a Fundación Atlético de Madrid.

Héctor continuará estes días espallando a semente colchonera por institutos e lugares da bisbarra, ademais de preparar a posta a punto da Escola. "Estamos ultimando a preparación de todo para que a Escola se poña en marcha como é debido e se vexa que o proxecto vai en serio".

César Ferrío acompañou a Héctor Antelo durante a presentación

O vindeiro luns, en marcha

O proxecto arrincará o luns día 13 de xaneiro nas Instalacións Deportivas Municipais de “O Conco” a partir das 19:00 da tarde. Así que alí estaremos para contarvos como avanza.

Máis información e inscrición

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios