Incautados 1.000 litros de gasoil en Dumbría por facer uso fraudulento de gasóleo bonificado

A Patrulla Fiscal e de Fronteras da Garda Civil de Noia incautaba esta semana 1.000 litros de gasóleo tipo B en Dumbría. A actuación realizouse trala localización, durante un control de carburantes no porto de Brens, dun vehículo industrial que estaba facendo uso fraudulento do gasóleo bonificado.

Ante a sospeita de que outros vehículos da empresa usasen os mesmo tipo de carubrante, o Xefe de Aduanas procederon á inspección das instalacións da empresa. Foi alí, en Dumbría onde localizaron outro vehículo industrial con este tipo de gasóleo no seu depósito e un depósitos ilegal con 1.000 litros de gasóleo bonificado en su interior.

A Garda Civil precintou o depósito e incautou o gasóleo B, ademais de poñer 3 multas por supostas infracciónsda Ley 38/1992 de Impostos Especiales.