Novos peches ao tráfico rodado na Fervenza do Ézaro

Creación da pasarela do Ézaro en Ogando

Continúan a toda marcha as as obras da pasarela do Ézaro que se alongarán ata final de ano. E non é de extrañar vendo a pasarela que están construíndo en Ogando.

E no marco destas imponentes obras, haberá datas cruzais que impedirán o acceso. Como co Gran Fondo Ézaro, esa proba ciclista internacional que xuntará uns 1.500 ciclistas por toda a bisbarra. Por iso, os días 5, 6 e 7 de xullo (día da proba) o acceso en vehículo á Fervenza do Ézaro estará pechado.

Todos aqueles que desexen visitar a fervenza nalgún deses días terán que facelo a pé. Deberán estacionar na estrada AC-550, ao seu paso polo Ézaro, e realizar un paseo duns 500 metros para finalmente chegar ata a Fervenza.

Novas do Gran Fondo

Novas relacionadas