Dumbría mellorará os accesos e incluirá unha pérgola como zona de ocio nas inmediacións da Fervenza do Ézaro


Completo foi o Pleno Municipal celebrado o pasado 4 de decembro de 2018 en Dumbría, no que se aprobaron os proxectos das obras incluídos no POS+ 2019. O Concello tamén fai repaso das obras que están en proceso de licitación do POS218, de xeito que entre ambos o concello está investindo case 3 millóns de euros do Plan Único da Deputación.
Entre os proxectos máis singulares destacan varios que van realizar unha forte acción sobre a cascada do Ézaro. Un dos puntos turísticos da comarca vai ver como se melloran os seus accesos cun novo camiño peonil, e ademais vai incluír unha gran pérgola.Transformación do entorno da Fervenza
Un dos puntos máis importantes foi a aprobación dunexpediente de suplemento de crédito, con cargo ao remanente de tesourería, para poder realizar o proxecto de "Transformación de pérgola en praza cuberta e creación de puntos de venta temporal en Ezaro, na zona da fervenza". Un proxecto singular de 281.000€ que permitirá dotar dun espazo que sirva de antesala ao espazo natural, sendo un espazo cuberto e aberto que sirva para o ordenamento das casetas de tempada turística, as cales trataranse de xeito unitario e homoxéneo evitando, deste xeito, a disparidade de modelos e solucións. A área de intervención transfórmase, así, nun área de ocio e descanso, desde a que se pode contemplar a inusual beleza da zona e, ata, tomar un refrixerio ao aire libre, servindo de ámbito de reunión e de actividades culturais propias do concello. Así mesmo, xa no marco do POS 2018, e a piques de adxudicar (concorreron 3 empresas en UTE), está o proceso de MELLORA DO ACCESO PEONIL Á CASCADA DO RÍO XALLAS, FASES 1 e 2, que contan cun orzamento de 649.049,50 euros. Abrirase un camiño totalmente independente, de uso exclusivo peatonal, separado da zona industrial (con diferente tránsito de vehículos) ata alcanzar o tramo final, onde xa existe un carreiro peatonal de madeira.Proxectos aprobados do POS 2019
O pleno aprobou tamén un expediente de suplemento de crédito, con cargo ao remanente de tesourería, por importe de 200.000 euros para a financiación das obras de "Sinalización horizontal e vertical das estradas do Concello".
Ademais, estes son os procesos que se aprobaron no pleno de decembro:
OBRA |
Orzamento |
PAVIMENTACION ACCESO DE CHEO A SANXUMIL |
92.602,44 |
CAMIÑO DE HOSPITAL A PARADELA (SOBREANCHOS) |
113.145,68 |
PAVIMENTACION ACCESO AREA RECREATIVA VILAFERNANDEZ |
58.835,73 |
CAMIÑO FIGUEIROA A ERMIDA DAS NEVES (BUXANTES) E OUTRO |
39.826,99 |
CAMIÑO CERVAN CASTRO (BUXANTES) E OUTROS |
30.149,19 |
CAMIÑO REBOUTA VILAR (OLVEIRA) |
39.494,87 |
CAMIÑO DE AC-552 A SABADE (BERDEOGAS) E OUTRO |
40.178,79 |
PAVIMENTACION ACCESO A CARBALLEIRA E CAMPO DE BERDEOGAS |
30.961,31 |
CAMIÑO ALVARELLOS SARTEGUAS (BERDEOGAS) |
104.513,4 |
CAMIÑO SALGUEIROS A CERNADO (SALGUEIROS) |
55.202,31 |
CAMIÑO OLVEIROA A CAMPO DE LUCIN |
72.683,2 |
CAMIÑO FIGUEIROA A MARCO DO COUTO (DUMBRIA) |
38.038,24 |
CAMIÑO DE TOUZAS A VILAFERNANDEZ (OLVEIRA) |
112.942,8 |
CAMIÑO SUBESTACION AS TEIXOEIRAS (SAN CRIMENZO) |
43.783,52 |
TOTAL .............................. |
872.358,47 |
En fase de licitación do POS2018
Na actualidade tamén están en fase de licitación as obra incluidas no POS 2018, a piques de adxudicarse e que son as seguintes:
Sinalización na estrada Olveira a Baiñas |
18.000,00 |
Pavimentación viais núcleo de Anseán |
31.560,20 |
Pavimentación vial en Olveira |
135.338,85 |
Camiño cemiterio As Touzas (Olveira) |
35.514,93 |
Pavimentación vial en Salgueiros |
113.500,06 |
Pavimentación acceso a Prado (Salgueiros) |
84.143,80 |
Pavimentación vial na Farrapa |
62.088,96 |
Pavimentación de viais no núcleo de Regoelle |
60.535,10 |
Camiño a Fervenza de Olveira |
65.312,02 |
Pavimentación camino de cemiterio a Sábade |
108.145,02 |
Pavimentación camiño da Xerpe a Piñeiros e outro |
144.989,16 |
TOTAL ..................... |
859.128,10 |