Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As obras da pasarela de acceso á Fervenza do Ézaro en marcha

COMIENZO PASARELA CASCADA Ezaro -Foto-Jorge Castro
Foto-Jorge Castro
As obras da pasarela de acceso á Fervenza do Ézaro en marcha

En marcha están as obras de mellora do acceso peonil á Fervenza do Ézaro. Un proxecto complicado, que ten un orzamento de 650.000€, pero que permitirá modernizar un dos puntos turísticos máis importantes da Costa da Morte.

Xa empezaron coas perforacións para os alicerces da pasarela, polo que durante esta semana non se poderá achegarse ata a mesma fervenza. Si que se poderá acceder durante Semana Santa por un acceso peonil provisional ata o pé da mesma, pero como anunciaban a semana pasada non haberá iluminación nocturna, unha das atraccións máis potentes dos últimos anos nestas datas.

O prazo de execución é de 6 meses pero todo dependerá de como avancen e si se atopan con problemas no terreno ou coa maquinaria.

COMIENZO PASARELA CASCADA Ezaro-Foto-Jorge Castro 2
Foto-Jorge Castro

Queda pendente aínda outra obra aínda máis impactante, a instalación da pérgola, que quedará para máis adiante.

Novas relacionadas

Comentarios