Que pasa co correo en Dumbría?

Non é a primeira queixa que recibimos este verán. E por iso traemos aquí as verbas dun indignado veciño de Dumbría que está a sufrir a centralización en Cee do sevizo de Correos, ademais de seguramente, as vacacións dalgún dos seus traballadores.

Que pasa co correo en Dumbría?

Indignados… É como nos atopamos en Dumbría, dende que a nosa carteira Carmen, se xubilou. O correo foi a peor, ata tal punto de que a carteira nova, reparte un día a semana “se reparte”. Porque normalmente tiñamos cartas tres ou catro veces a semana e agora se temos un día, damos as gracias. Non nos chegan nin a cuarta parte das cartas que tiñamos antes e se estamos esperando por unha carta certificada? ou unha cita do médico? E non nos chegan, que facemos despois? Perdemos todo e despois perdemos a cita do médico ou os papeis importantes que nos estean a chegar.
Por comentar, que nin sequera está na oficina a hora que ten que estar, xa que ten que estar de 10 a 11 todos os días, e alí non hai ninguén e se temos que enviar algunha carta non podemos xa que a carteira non a atopamos e temos que desplazarnos as oficinas de Cee ou Vimianzo e non vemos normal isto, xa que se temos unha carteira no pobo asignada e nin sequera apareza.

Queremos ter un servizo de correo como tivemos ata agora, parécenos indignante a situación que estamos a ter e queremos unha solución XA.

  • Asdo: Un veciño de Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).