Os afectados da Operación Forest apuntan aos funcionarios


A necesidade de información sobre a chamada "Operación Forest” é clara. E nesa liña
o BNG e a Fruga organizaron onte no salón Caribe de Vimianzo, unha reunión cos afectados/as na fraude forestal.
A deputada Tereixa Paz, acompañada por Gabriel López do sindicato Fruga e por Serxio Domínguez Louro, responsable comarcal do Bng Costa da Morte, informou minuciosamente sobre as iniciatvas e preguntas formuladas na cámara.
Quixeron denunciar que "dende a tribuna do PP nunca contestaron ás nosas preguntas e houbo que recurrir á obriga de seren respostadas en comisión parlamentar". En ditas respostas, "os encargados de dalas, xamais deron relevancia ou importancia ao tema, aludindo continuamente a que as prácticas se axeitaban ao “manual”, afirmación claramente errónea ao ver dos xa 15 imputados/as na fraude", sinalaron os membros do grupo da oposición.
Tamén tiveron voz os afectados e afectadas, facendo fincapé "na presunta complicidade de funcionarios para levar adiante semellante trama", e mostraron a súa "perplexidade de ver como familares seus mortos “asinaban” documentos, ou como nas súas contas aparecían movementos de 300 mil euros sen eles seren conscientes do que acontecía".
Ademais, a deputada confirmou que “o BNG voltará a pedir a Xunta que se persone na causa para defender os cartos públicos, mais cando o 80% destes eran procendentes da Unión Europea, e moi probablemente esta comeze de seguido coas pesquisas para botar claridade sobre a trama e pedirá con case toda seguridade, as devolucións das cantidades aportadas".
Do mesmo xeito, "o BNG pedirá tamén que a Xunta analise todas as subvencións deste tipo, xa que esta empresa traballaba fora da zona, así como na provincia de Ourense comezan a relucir casos de empresas, que co mesmo modus operandi, facía traballos similares".
Bng Costa da MorteNovas da Operación Forest
- Hermanager Humor: Operación “Forrest”.
- 29-04-13: O Concello de Corcubión non gaña para sustos.
- 26-04-12: A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta.
- 25-04-13: Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”.
- 12-04-13: A Xunta recoñece que o fraude forestal pode chegar a 1 millón de euros.
- 22-03-13: Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Outras novas
- Operación Orquesta por Concellos.
- Por unha oficina de atención ao cliente de Fenosa-Gas Natural.
- Os alcaldes de Bergantiños tamén se comprometen cos Afectados polas Preferentes.
- Contra as fumigacións agresivas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).