A Artesanía volve tomar o Faro da fin do mundo
15 de xullo de 2011 (09:50 h.)
Como cada ano, polo verán, un grupo de artesáns da zona toman o Faro Fisterra. Sen lugar a dúbidas é o mellor espacio de toda a bisbarra para unha mostra de artesanía, para unha exposición fotográfica... un lugar que debería ter unha programación cultural tremendamente traballada, pero que non se coida demasiado.
Hoxe, venres 15 de xullo, o barro, o encaixe, os zocos, a madeira, os xabóns naturais, a plata, o coiro, o cartón pedra, o cristal... toman o Faro para formar a VI Mostra de Artesanía do Faro Fisterra. A Mostra estará aberta ata o 31 de xullo, en horario de 11:00h a 20:00h cunha horiña para comer ás 14:00h da tarde.
Novas relacionadas
- 11-12-2009: Máis de 4.000 persoas visitaron a IV Mostra de Artesanía de Fisterra .
- Destrozan o tear dun artesán no Cabo Fisterra.
- 10 artesáns da Costa da Morte manteñen vivo o Castelo de Vimianzo.
- A Artesanía Irmandiña.
- A fin do mundo faise a man.
- A artesanía costeira amosou o seu potencial en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).