Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Artesanía Irmandiña

A Artesanía Irmandiña

Unha morea de postos encheron a Praza do Concello na I Feira Artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Un Feira desenvolta no medio e medio da revolta irmandiña e que serviu para encher a tarde. Era a primeira tentantiva do equipo organizador do Asalto, que busca facer da festa algo máis que unha noite de festa.

Os propios artesáns valoraron moi positivamente a participación na feira. Malia que pola mañá non pasou demasiada xente, a que o fixo foi con vontade de mercar. Xa pola tardiña a praza encheuse de xente e nos postos xa bulían as ventas.

Cómpre destacar que a meirande parte dos artensás son da bisbarra, chegados a través da nova asociación de artesáns "Feito a man". Algo de valorar pois nestas festas soen ser sempre postos "prefabricados" chegados en tropa e contratados por unha empresa, que están en todas as festas. É de valorar que os postos sexan "feitos na casa".

Feirantes no Asalto

Artesanía CogomeloRakel ReyMalpicaTraballos en coiro, semillas e xabróns.
O Pano EncantadoAránzazu FernándezPontecesoTraballos en telas, desde roupas ata marionetas.
Dos LunasDiego PérezA CoruñaArtesanía en coiro.
Taller ArroásSuso e LauraCeeArtesanía de coiro
BolatolaLorena Castro e Lorena GarelCarnotaCosmética natural.
Laura GareyLaura GallardoMurosArtesanía en coiro.
BelabalúaAlicia González e Sabela LópezA CoruñaComplementos e bonecos feitos en fieltro, cartomancia.
KoncienciaPablo PenideArteixoArtesanía en madeira e cerámica, roupa étnica.
Pimpis&LampisNoelia Lema e Marta LuacesA CoruñaBroches de fieltro, diademas, roupa, bisutería e outros complementos.
Librería RogetRogetVimianzoLibros antigos.
ChiquibanaNatividad PazA Coruñasacos térmicos, xabróns, bisutería en pel e velas.
Outras LatitudesJosé Antonio GarridoO Grove –bisutería en prata e pedras.
Monxo ArtesaníaJosé Ramón IyáñezAlicanteCarteiras, moedeiros, collares, pulseiras…
As BurgasLuis FilgueiraFisterraTelar.
Grabados Lydia MoroLydia MoroFisterraGravados calcográficos, pendentes, broches e pasadores.
MarloxoMarta Lourenzo XoubanovaCorcubiónQuilling e libretas e marcos de tea e coiro.
Maquetas SambadJosé SambadMuxíaMaquetas.
As MaritasMaraMuxíaCarteiras de cómic, fundas, carteiras etc.

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Fonte

Comentarios