Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A fin do mundo faise a man

A fin do mundo faise a man

Xa está formalmente creada, dende o cabo da fin do mundo, a Asociación Cutural de Artesáns “Feito a man”. Este pasado domingo celebraron a presentación en sociedade no incomparable marco da sala de exposicións do Faro de Fisterra, un lugar perfecto para acoller unha exposición viva permantente destes artistas, como xa comprobamos en Semana Santa.

Incitados e mesturados pola incombustible Soledad Méndez, que fará de Presidenta desta "A.C.A. Feito a man", 15 artesáns da Costa da Morte e doutras zonas do país, achegáronse á vila do Cristo para rubricar a acta constitucional da asociación. E de paso disfrutar duns pinchiños sabrosos, tamén feitos a man, por suposto.

E xa están pensando en actividades. Nun dos primeiros sitios onde os poderemos atopar será na primeira Feira Artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo. A partir de aí, poranse a loitar por un espacio no segundo punto máis visitado de toda Galicia, o Faro fisterrán ou no entorno do Faro. I é que parece moito máis axeitado que os postos de venta de souvenirs sexan produtos "feitos a man" e na casa, antes das típicas conchas do Pacífico.

Unha asociación diferente

A propia Sole Méndez define a entidade como unha asociación diferente que busca o recoñecemento do mundo artesán a calquera nivel, dentro da nosa comarca. "Feito a man" pretende achegar o traballo das/dos artesás do mundo, empezando dende a fin da terrra, e dende a rúa, ao nivel da xente, sen grandes luxos, sinxeleando.

Na asociación atopamos unha xente preocupada polo futuro da súa profesión, pouco recoñecida socialmente, pretende amosar o ritmo de traballo, tempo, ideas e posibilidades que conflúen na creación dunha peza artesá tanto antiga coma moderna.

"Feito a man" fuxe, se cadra, das feiras e mercados, que levan anos desvirtuando, sin querer, unha profesión fraguada polas/os nosas/os antepasadas/os, e non pretende utilizar as súas mans para potenciar o uso do diñeiro nunha sociedade de "usar e tirar" senon do ensino dunha imaxinación feita realidade; e da necesidade dunha recuperación das profesións máis antigas do mundo...
Para que iste mundo consumista demande imaxinación e traballo, e alcance a capacidade de rexeitar os productos en cadea que contaminan e desvirtuan a terra coma medio de vida, fainos falla mans maravillosas
.

"Feito a man" pretende ensinar a manter un uso da potencialidade da maxia que flue das mans dos poboadores do planeta e unha sostenibilidade ca economía actual.

Lista de artesáns artistas

Os membros desta asociación son os seguintes:

  • SOLE MÉNDEZ- ORKAVELLA (Extremadura-Fisterra): Bimbio, corda e outros materiais naturais tecidos como se fixo sempre.
  • LUISIÑO (Ferrol-Fisterra): o mestre tecelán autodidacta e máxico no seu traballo.
  • LAURA e SUSO, do "Taller Arroás" (Cee): unha maga das agullas, moradora do Faro.
  • dende fai algúns anos e traballadora do coiro e as cunchas.
  • MONCHO IBAÑEZ (Fisterra): que ainda que acaba de aterrar no fin da terra, amósanos o seu empeño en seguir co rumbo axeitado.
  • PALILLEIRAS DE MUXÍA: unha tradición milenaria que vai cos tempos.
  • LYDIA MORO: invitanos a sentir coma recupera unha técnica que xa se utilizaba nos grabados do século XVI.
  • LABANCALABANCA: fainos unha demostración de que a artesanía reinventase día a día e ten resultados máxicos.
  • MARA REY BENLLOCH (Muxía): traerá imaxinación en forma de comic e algunha sorpresa.
  • MARTA XOUBANOVA (Corcubión): alegría e frescura nun tempo de reutilización na técnica do quilling.
  • SUSANA PÉREZ: Bonequería en porcelana e fieltro.
  • LORETO CRISTOBAL: Técnicas de orfebería.
  • MAE: Frescura e innovación en tocados.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios