A fotografía volve ás Salas
Doble cita fotográfica á que non podemos faltar. Dende xa e ata ben entrado maio, teremos que visitar dous puntos claves como son o Faro Fisterra e a Sala de Exposicións Antón Mouzo, de Vimianzo, onde a fotografía será protagonista.
Os Marcos do Mar en Fisterra
Será o coñecido Marcos Rodríguez o que leve as súas fotos ao Faro Fisterra durante a Semana Santa (dende o 15 de abril) e ata o 31 de maio. A exposición, “os Marcos do Mar” (nunca mellor traída), estará aberta de martes a domingo, de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Xesús Búa en Vimianzo
Logo de rematar coa poxa solidaria de cadros da Escola Municipal de Arte un novo artista inaugura exposición na Casa da Cultura, nese espazo que serve de escaparate para os artistas locais e comercais.
Nesta ocasión a Sala Antón Mouzo acollerá unha mostra de fotografía do fotógrafo muxián Xesús Búa, que leva por título “Miña terra”. Trátase da terceira exposición de fotografía que podemos ver na Casa da Cultura, logo de que expuxeran os vimianceses Xoán Carballo e a href="18583&opinion=1">Antonio Nodar.
A inauguración da exposición Miña Terra inaugurarase o venres día 11 de abril, ás 20 horas. E poderá visitarse no horario habitual de apertura da Casa da Cultura ata o vindeiro 31 de maio.
Novas relacionadas
Novas da Sala de Exposicións Antón Mouzo
- Arte e solidariedade combináronse no Vimianzo Solidario.
- María Jesús Pérez Cabirta descobre as súas cores a todo Vimianzo.
- Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo.
- Viki Rivadulla: O Bruar da Bughina a soar na Sala Antón Mouzo.
- Vimianzo ensalza a obra de Juan A. Cundíns, un novo artista local.
- Vimianzo vivíu unha emotiva fin de semana de pintura e teatro coa mostra de Chelo Lema.
- Vimianzo segue, co escultor Suso Fuentes, poñendo en valor aos artistas locais.
- Viki Rivadulla na Sala do Perello: Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.
- De London a Vimianzo co auto-retrato de Antonio Nodar.
- Xurxo Martiño demostra o potencial artístico vimiancés na casa.
- As escolas de Vimianzo comezan o seu programa cultural con Antón Mouzo.