Martes. 23.04.2024
El tiempo

Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo

Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo
Viki Rivadulla con Isidro Novo e Xose Iglesias estreando a mostra en Vimianzo

De estrea estivo a boa amiga de QPC Viki Rivadulla esta fin de semana. Nada menos que estreou, para os non vimianceses, a Sala de exposicións Antón Mouzo na Casa da Cultura, esa Sala que o Concello de Vimianzo ten artellada para promocionar os artistas locais, e xa comarcais.

Xa nolo conta ela mesma dende a súa Sala do Perello, i é que foi todo un pracer estrear o Bruar da Bughina, unha obra de pinturas e esculturas chea de mar, seguindo á liña da exposición "O Meu Mar". Foi o alcalde Manuel Antelo quen presentou a Mostra ata lendo un poema do irmán da artista, Rivadulla Corcón.
Viki deu ás gracia ao Concello vimiancés e valorou a súa aposta pola cultura, ao tempo que recordou a ese referente que foi Antón Mouzo, "aquel que fixo falar ás pedras da Costa da Morte"

E para presentar a mostra, Viki tirou da poesía, un deses seus amores non correspondidos, pois non escribe. E invitou a unha persoa, que malia que non a coñecía persoalmente, si sabía a conexión que os une: o mar. "Que pode haber máis auténtico que un poeta mariñeiro", dixo Viki para presentar a Xosé Iglesias.

Xosé Iglesias comezou precisamente cun poema que viña ideal: "O Bruar da Bughina, o son do océano", un poema que arrincaba e pechaba co son tan mariñeiro desa concha enorme en clave de dignificación da profesión.

Estivo tamén lendo os seus poemas Isidro Novo e as pandereteiras de Muxía puxeron a nota musica. I é que as pandereteiras son as mulleres de Viki, e xa sabemos que a muller é outra das loitas desta muxiá.

Así foi inaugurada a mostra, e Viki quixo adicarlla a María Lavandeira, a nai de Antón e Roberto Mouzo que estaba entre o público. A mostra estará exposta ata o 13 de decembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios