Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vimianzo vivíu unha emotiva fin de semana de pintura e teatro

Vimianzo vivíu unha emotiva fin de semana de pintura e teatro
Inauguracion da mostra de Chelo Lema Varela en Vimianzo

A gran aposta do Concello de Vimianzo polos artistas locais deu un novo paso esta fin de semana. A inauguración da mostra da pintora Chelo Lema Varela na sala de exposicións Antón Mouzo serviu de homenaxe na súa emotiva estrea na casa.

Numerosos amigos, veciños e familires quixeron arroupala na inauguración da súa exposición, xa que malia que Chelo Lema marchou de Vimianzo moi cativiña, separada de seus pais polas circunstancias políticas do momento, sempre mantivo un vínculo importante coa terra que a viu nacer.
Chelo Lema leva unha gran traxectoria como pintora, desde os catorce anos que comeza os seus estudos artísticos na escola Pablo Picasso da Coruña. E hoxe, xa a podemos ver, por primeira vez, na súa vila natal.

E o domingo, teatro

Celso Parada de Teatro do Morcego en Vimianzo-Foto- Roberto Rua

E que mellor que pechar a fin de semana a golpe de teatro. Cada domingo o Concello de Vimianzo prantexa unha ocasión para disfrutar desta arte, que cada vez colle áis adeptos na bisbarra gracias a propostas continuas como este extenso programa semestral. Non foi o día de mellor entrada no Auditorio, i é que o sol, pero os asistentes disfrutaron.

Desta volta, aínda no mes da Repúlica da Liberdade, un mes cargado de memoria, tocaba cita cas marionetas de Celso Parada e o seu Teatro do Morcego. Sen máis atuendos que dúas maionetas Celso trouxo "Os patios da memoria", unha peza dos anos 90 pero que mantén a orixinalidade e actualidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios