O Batallón Literario da Costa da Morte volve xuntarse en Fisterra

Este vindeiro domingo 1 de marzo, ás 12:00h, o Bela Fisterra artella unha xuntanza moi especial. Case 25 anos despois, autores que revolucionaron a poesía e a literatura galega a finais do século XX dende a Costa da Morte volverán xuntarse. O famoso “Batallón Literario da Costa da Morte” unirá versos no hotel fisterrán, convertido en epicentro cultural.

Moitos lembran a data da constitución do colectivo, aquel 1 de maio de 1996, e esperan que desta xuntanza volvan saírnovos proxectos.

Non faltarán á cita Miro Villar, Concha Blanco, Marilar Alexandre, Mónica Góñez, Alexandre Nerium, Xosé María Lema Suárez, Modesto Fraga, Estevo Creus, Xoán Alberte Moure, Fernanddo Cabeza Quiles ou David Creus.

Novas relacionadas