Martes. 17.09.2019
El tiempo

21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte

21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte
Encontro do Batallón Literario da Costa da Morte en Corcubión Encontro do Batallón Literario da Costa da Morte en Corcubión 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte Coa intención de celebrar o 20 aniversario, pero xa en tempos do 21, a Costa da Morte ten que mirar atrás e lembrar aquel grupo de artistas que revolucionaron o noso mundo cultural. Falamos daquel Batallón Literario, que xunto a entidade Arre-Sentelha, conseguíu unificar unha xeración enteira arredor das letras. Hoxe, o corcubionés Álex López Romero, quere renderlles homenaxe cunha nota moi persoal, que intentará servir para arrexuntar de novo esa camada de poetas. Xunto ao artigo, envíanos uns valiosos documentos, que revisamos abaixo.

VÓS

caratula-do-libro-nos-do-batallon-literario-da-costa-da-morte Portada do libro NÓS "...é que sabes, Alex. Non son moi de mirar cara o pasado, mirar cara atrás. O pasado pasado está. Mais enténdeme ben, é algo persoal..."   "Seino, eu tampouco é que queira facerlle unha homenaxe un plan grandilocuente. Mais non sei, é algo que me gostaría facer...sabes, foi unha época moi enriquecedora. As veces véxome como unha especie, salvando as distancias, Quinto Beatle. Estiven e non... Participei axudei. Compartín un lote de experiencias con vós. Cun pé dentro e outro fóra... non sei se me entendes..."   Esta é unha das moitas conversas coas que levo dando a vara a moitos que polos anos 90 andaban no Batallón Literario da Costa da Morte e Arre Sentelha! E por que agora, 21 anos despois, un ninguén coma min, está a darlle voltas a algo que xa leva tempo no esquecemento? Por que da miña teima en lembrar todo aquelo cos seus claro escuros, as súas vitoria e as súas derrotas? Por que? Pois sinceramente, non sei... só sei que é algo que está aí. Algo que me queima por dentro. Algo que me está a remover o estómago até producir náuseas... Quizais porque ao ordenar papeis atopeime cos Feros Corvos, cos Espressoms. Co Ouveo. Cos libros de Letras de Cal. Cos boletíns que se facían á calor destas dúas asociacións... Quizais porque un día revisei meus cadernos cheos de escritos ridículos cando quería parecerme a vós e enchía miñas noites de soedade na cidade cun lapis, un copo de Jack Daniel's e unha infantil e adolescente inxenuidade... Quizais porque deses escritos ridículos xurdiron moito máis adiante poemas que revolvían o estómago até producir a náusea esa puñetera necesidade de chuspir e vomitar a merda toda acumulada nas vidas cotiás e de compromisos... Porque, eu que sei, quizais agora que a xente sabe da miña tolemia, da miña necesidade de soltar caracteres cara a unha páxina en branco. Sería bon que souberan que moitos dos versos que escrebo está impregnados de centos de recitais por todo o país sentado no público. De lotes de libros adicados que conservo como tesouros. Dunha morea de copos compartidos en noites de troula. De cando queríamos mudar o mundo. Crear a nosa República das Letras. Centos de noites nas tabernas falando e bebendo e falando e bebendo... E alí sempre no medio. Admirándovos a todas. Admirándovos a todos. aproveitando cada momento. Embriagándome da vosa palabra. necesitábao, era miña busqueda, daquela sen sabelo, como un ionqui busca dende que amence a súa dose diaria. Un perseguidor dalgo que non sabía que. Mais sabía que cada día había que acordar. Erguerse e ir á súa procura. Aínda que na soedade do meu dormitorio chorara de rabia porque non era capaz de emularvos de facer un verso que soara decente. Mordía os labios. Petaba na mesa. Baleiraba botellas cheas de ron e impotencia... Eu que nunca fun "NÓS" Admiraba a VÓS Quizais, non sei, porque a min non me desgusta mirar cara atrás e mergullarme na nostalxia para chegar a entenderme... Quizais porque sinto que estou en débeda con Vós... Quizais porque alguén tiña que facer algo... Aínda que non se fagan homenaxes grandilocuentes. Aínda que non se fagan homenaxes autoconsumo. Esta é a miña pequena humilde homenaxe a Vós   Obridado por todo.   Feros corvos de Xallas quen puidera convosco de novo voar
  • Álex López Romero.
 

Documentos históricos

Un número da revista de 1995 eXpReSsO-m, editado en Vimianzo pola xente de Arre-Sentelha, formdo por Xosé M. Roget Lema, Dolores Antelo Santos, Carlos Lemus, Ana Antelo, Mª Jesús de la Torre, e Xavier Rodrígues Fidalgo. expresso-m-arre-sentelha-vimianzo-1995-1 expresso-m-arre-sentelha-vimianzo-1995-2 Aquí vai unha páxina do nº2 da revista Feros Corvos, coas apostas de Tomás Lijó, Ana Canosa, Rubén Cela ou María Lado. feros-corvos-do-batallon-literario-1997 Interesante tamén a presentación do Recital Poético organizado por Arre-Sentelha, que as xentes do Batallón ían realizar en marzo de 1996, coa presencia de Abel Mendes, Manolo López, Rafae Lema, Xandra Tedín, Xavier Rodrigues Fidalgo, Roberto Traba Velay, César Carracedo, Modesto Fraga, Rafa Villar, Xosé Manuel Lema ou Manuel Rivas. recital-poetico-batallon-literario-costa-da-morte-1996 E aquí unha páxina editorial do Ouveo: ouveo-editorial-batallon-literario-costa-da-morte  

Novas relacionadas

Outras novas poéticas

Comentarios