Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte
O Batallón Literario da Costa da Morte vai quedar formalmente constituído nun data simbólica, o 1 de Maio de 1996, logo dunha longa reunión nunha cafetaría de Cee, á que asistiron unha vintena de autoras e autores. O nome suxeriuno o poeta Frederico L. Santalla, inspirándose na inscrición que ocupa as pedras da Quintana, onde se fai referencia ao histórico Batallón Literario santiagués. A súa primeira xunta directiva, ou xestora, pois a entidade aínda non estaba legalizada nin contaba con estatutos, estivo formada por Miro Villar, presidente; Frederico L. Santalla, secretario; e Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xavier Rodrigues Fidalgo e Estevo Creus. Varios dos seus membros proviñan ben do desaparecido colectivo «Un medio» de Cee, ben da aínda activa naquela altura agrupación «Arre Sentelha» das terras de Soneira. A única premisa era que os autores fosen nados ou tivesen unha forte vinculación coa Costa da Morte, franxa costeira que vai de Malpica de Bergantiños até Fisterra (aínda que de maneira circunstancial chegaron a colaborar co BLCM autores de Carnota, de Muros ou de Noia). Xurdiu co obxectivo de dar a coñecer as súas actividades e incluíu narradores, investigadores e, sobre todo, poetas. Configurouse como un movemento cultural asembleario, de carácter democrático e non elitista, que buscaba a comunicación directa cos lectores, ata o punto de que os poetas teñen realizado ducias de recitais en locais pechados ou en espazos abertos, como o palco da Festa das Carrilanas de Esteiro.
Canda toda esta intensa actividade pública, o BLCM considerou a necesidade de dotarse dun medio de expresión propio e desta maneira naceu a revista Feros Corvos, que tomaba o seu nome dun coñecido verso de Eduardo Pondal e que pretendía seguir a estética das míticas revistas Resol ou Papel de Color.
O primeiro dos seus catro números publicados viu a luz en febreiro de 1997 (datado como Inverno de 1997) e a publicación distribuíase de balde. Constaba de catro páxinas a unha cor, que cambia en cada número, destinadas á creación literaria e introducidas por un Editorial. De cor azul e iniciando a portada, os dous primeiros versos do poema Feros corvos de Xallas do libro Queixume dos pinos, do noso poeta máis sobranceiro da Costa da Morte, Eduardo Pondal, «Feros corvos de Xallas / que vagantes andás».
Na portada hai un espazo para o Editorial, que comeza co poema que Pondal lle dedica a Curros Enríquez en Queixumes dos pinos: «Coma os corvos de Xallas vagarosos / así son os poetas vagabundos; / eles son deste mundo receosos / e buscan outras praias, outros mundos» e segue «Unha bandada de corvos vagarosos ou de poetas vagabundos, que che era a mesma cousa para o noso Pondal, está a percorrer a Costa da Morte, desde Malpica de Bergantiños até Fisterra. Eis a bandada de mergullóns, a se internaren despaciosamente nas augas da Poesía, ora quedas, ora turbulentas. Para Pondal os corvos, como os poetas, reflectían de seu a simboloxía do desexo de liberdade e vagabundaxe. E así somos Nós, os netos do bardo da Ponte-Ceso, que vimos de aniñar coas nosas palabras-enredadeiras nas pedras do Castelo de Vimianzo, nese espacio onde morou outro poeta de nós, Evaristo Martelo Paumán. O espirito da Poesía viaxa connosco e Nós, os corvos poetas, imos grallar sempre na memoria dos nosos devanceiros.»
Na mesma portada vai o poema sen título (citamos o primeiro verso) «Practicabamos gratuitamente a tolemia» de Xandra Tedín, «O poder do dragón» de Alexandre Nerium, e dous máis tamén sen título (citamos primeiros versos) «Ladrarlle á lúa» de Rafa Villar e «A nena choraba» da máis nova membro do Batallón Literario, con tan só nove anos, Eva de la Torre.
Nas páxinas interiores, na parte esquerda do folio, todos os poemas sen título (citamos primeiros versos) «Xurdiron no tempo do sono» de María Lado, «Prefiro crer» de María Canosa, «Queda tanto baleiro» de Xoán A. Moure, «Chamemos» de Suso Bahamonde, «Léva-la noite nas uñas» de Mónica Góñez e «Por sentir o sol» de Xaime Trillo, na parte dereita do folio, un relato intitulado «Variacións sobre o tema de Carrapuchiña e o lobo» de Marilar Alexandre e o relato de Xavier R. Fidalgo co título «Serpes». Na contraportada, seis novos poemas sen título (citamos primeiros versos), «Unha caixiña de chumbo» de David Creus, «A praia é enorme» de Estevo Creus, «Quero unha saba con follas de amendoeira» de Abel Mendes, «Cando o día está gris» de Concha Blanco, «Eu fun» de Modesto Fraga e «Cargámo-las nosas arcas» de Tomás Lijó.
- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- A Costa da Morte en Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.
- Efeméride: No 80 aniversario da publicación de «Na morte de Lexandro Bóveda» de Antón Zapata García.
- Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Os artigos literarios de Baldomero Cores no diario vespertino La Noche.
- Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- «O pino de Corcubión» en dous poemas de Xervasio Paz Lestón.
- Paco Souto, in memoriam.
- Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).