As crebas, do Rostro ao Museo do Mar
10 de decembro de 2020 (08:39 h.)
Vén de abrir o fotógrafo Manuel Sendón, a súa nova exposición “Crebas” no Museo do Marde Vigo. Unha exposición cen por cen costeira, pois todas as imaxes foron tiradas, entre 2007 e 2020, na comarca de Fisterra, nas praias de Sardiñeiro, Rostro ou Touriñán.
A mostra, que ten con trinta fotografas de gran formato e un políptico de sesenta máis pequenas, é unha “continuación” da exposición “Crebas” desenvolta en 2011, demostrando a súa alma crebeira.
A exposición está aberta, ata finalizar xaneiro, de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00; sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Novas relacionadas
- 2018: Corcubión, ou a illa paradisiaca de veraneo onde desconectar sumerxíndose na arte de pensar.
- 2011: A Costa da Morte exporta Crebas a todo o país.
- 2011: As Crebas do Rostro chegan ao Museo.