Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte exporta Crebas a todo o país

A Costa da Morte exporta Crebas a todo o país

Continúa a Costa da Morte exportando saber e cultura. E que máis costeiro que as crebas, como diría o propio Xan das Crebas. Pois son elas precisamente as protagonistas. E por partida doble e en diferentes disciplinas.
Por unha banda, Miro Villar vén de recoller un premio en Carral polo seu libro "As Crebas". Un libro que precisamente está ilustrado polas fotografías protagonistas da exposición que vén de abrir o fotógrafo afincado en Sardiñeiro, Manuel Sendón, en Compostela.

"As Crebas" de Miro Villar en Carral

Miro Villar acodíu este pasado venres á entrega do premio do Certame de Poesía “Concello de Carral”. I é que servía tamén para presentar o seu libro "As Crebas", que resultou gañador na anterior edición, a 13ª, e foi editado pola Editorial Espiral Maior. Este ano a gañadora foi Emma Pedreira, co seu poemario “Libro das mentiras”.

Diálogo entre "Crebas" e "Proxecto Costa da Morte" na Factoría

A outra gran aposta polas Crebas e pola Costa da Morte corre a conta de Manuel Sendón. O fotógrafo afincando en Sardiñeiro vén de abrir este pasado xoves dúas exposicións na Factoría Compostela, un fantástico espacio a carón da Praza da Quintana.

O Proxecto Crebas, convirte a Factoría nun batido areal do noroeste penínsular onde a forza do mar cuspe toda clase de materia inorgánica. Os plásticos e ata os restos de latón do Casón, que fan de meteoritos, forman esta novedosa exposición.

As crebas conviven ademais no mesmo espacio coas creacións que 3 artistas invitados polo comisario Sendón por e para a Costa da Morte. Fran Herbello, Luis González Palma e Graciela Sacco crean este Proxecto CdM, facendo sendas homenaxes á bisbarra sen máis intención que convertila en lugar de creación. A liberdade coa que puideron traballar permitiulles chegar a estas obras.

Máis información

Novas relacionadas

Más novas

Fonte

Comentarios