As crebas, do Rostro ao Museo do Mar
08:39 10/12/20
Vén de abrir o fotógrafo Manuel Sendón, a súa nova exposición “Crebas” no Museo do Marde Vigo. Unha exposición cen por cen costeira, pois todas as imaxes foron tiradas, entre 2007 e 2020, na comarca de Fisterra, nas praias de Sardiñeiro, Rostro ou Touriñán.
A mostra, que ten con trinta fotografas de gran formato e un políptico de sesenta máis pequenas, é unha “continuación” da exposición “Crebas” desenvolta en 2011, demostrando a súa alma crebeira.
A exposición está aberta, ata finalizar xaneiro, de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00; sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.