Dous carteis do Bela Fisterra feitos por Teiga reciben sendos premios Internacionais en Nova York
Os carteis do concerto íntimo de Budiño e o da estancia literaria do poeta irlandés Paddy Bushe no Hotel Bela Fisterra foron premiados con sendas medallas de prata nos Graphis International Awards & Publications. O hotel fisterrán, que leva no ADN a programación de eventos, valora estes premios ao traballo de Teiga. O estudio galego triunfou na cita de Nova Iorque, nada menos que con 10 premios.
Por Fisterra lembran o concerto íntimo de Budiño celebrado o 8 de marzo, que suscitara moita expectación e ateigou o salón de eventos de Bela Fisterra de namorados da sua música! Un día para recordar.
Así mesmo, Paddy Bushe foi o 1° poeta irlandés en internacionalizar os eventos culturais en Bela Fisterra. Na súa estadía do 8 ao 12 de abril, creou uns Haikus (poemas curtos) nos que está traballando actualmente!