A identidade gráfica do Bela Fisterra viaxa tamén á Bienal de La Habana
Outro recoñecemento para a identidade gráfica do hotel Bela Fisterra. A proposta de deseño hostaleiro máis laureada de Galicia formará parte da exposición “Espirales Trasatlánticas – Galicia. Procesos e formas” que se enmarca no contexto da 15ª Bienal de La Habana. Unha nova viaxe deste traballo realizado pola emrpesa galega Xosé Teiga Studio, que xa ten recibido premios e ten participado en eventos como a Bienal Iberioamericana de Deseño.
A Bienal de La Habana celebrarase 15 de novembro de 2024 ao 28 de febrero de 2025, co título “Horizontes Compartidos”. En sintonía con esta temática, Factoría Habana e Factoría Diseño propoñen o proxecto Espirales Trasatlánticas, un proxecto circular que reúne a creadores/as e creativos/as de Cuba, Brasil, Portugal, País Vasco e Galicia.