Fisterra celebra as Letras Galegas estreando a Biblioteca Rural de Duio
15 de maio de 2024 (14:06 h.)
Ademais da cita matutina infantil do venres 17 no Salón de Actos do Concello, o programa das Letras Galegas de Fisterra complétase coas actividades que promove a comisión de Festas de San Vicende de Duio, coa colaboración municipal.
A xornada en Duio arrincará o propio venres 17 ás 17:00h inaugurando a Biblioteca Rural de Duio. A escritora de Quilmas, Guadalupe Vázquez traerá os seus contos “O Coelliño branco” e o “Bo Camiño Valentino”.
Tamén para os peques, haberá unha xornada de conciliación co Divir TT, mentres o scritor fisterrán Modesto Fraga inaugura a Biblioteca Rural presentando a obra de Don Emerito.