mércores. 30.04.2025
El tiempo

Modesto Fraga achegou a diversa obra de Luisa Villalta á rapazada dos Muíños

Modesto Fraga no CEIP Os Muinos
Modesto Fraga no CEIP Os Muiños
Modesto Fraga achegou a diversa obra de Luisa Villalta á rapazada dos Muíños

Este pasado luns, a Biblioteca Escolar do CEIP Os Muíños recibía unha visita moi especial. Modesto Fraga achegou a figura de Luísa Villalta ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria. O poeta fisterrán faloulles da figura de Villalta non só como poeta, senón tamén como estudosa da lingua galega, activista e solidaria, compañeira e música.

Modesto lembrou o último acto público no que participou xunto con Luísa Villalta nun recital poético na defensa dos dereitos do pobo palestino, no Hotel Araguaney no ano 2004, tan so dous días antes do seu repentino e inesperado falecemento. Durante o encontro co alumnado muxián foron lidos versos da poeta e respondidas as preguntas plantexadas pola rapazada.

Desde o centro agradecen sinceramente a Modesto a súa presenza na Biblioteca.

QUEN E LUISA VILLALTA
Folleto informativo sobre Luísa Villalta feito polo Concello de Zas

Comentarios