Modesto Fraga reitera a súa petición de que a praza da Constitución pase a chamarse Praza Don Emerito

Puido ser médico onde quixera, pero escolleu Fisterra. Tan de forte é a vinculación de Desiderio Paz Figueroa, Don Emerito, que “os seus restos mortais e a súa dona Jesusa deberían descansar en Fisterra”. E quen o di é un corcubionés de pro como Rafael Mouzo. O histórico alcalde de Corcubión, que vive unha segunda xuventude en materia activista, participaba este venres na segunda presentación do terceiro libro da Biblioteca da Fisterranía, a antoloxía que Modesto Fraga preparou con toda a obra de Don Emerito.

O Bela Fisterra acollía este emotiva velada, de conversa, de lectura, de poesía… que lembrou unha das figuras máis queridas da vila do Cristo. Don Emerito, como sempre sinala ao recompilador, forma parte da “Santa Trinidade da Fisterranía”, xunto con Ramón Marcote e Francisco Recamán Esmorís.
Se en vez de vir vivir a Fisterra chega estar en Santiago figuraría nos libros a carón de Castelao, Otero ou Risco", apunta tamén un Modesto que aproveitou a sesión para ecordar a súa petición de que a praza da Constitución debería chamarse Praza Don Emerito.

NOVAS SOBRE A BIBLIOTECA DA FISTERRANÍA
- 2024: Novo volume da Biblioteca da Fisterranía: “Don Emerito éo todo en Fisterra, culturalmente falando”.
- 2023: A figura de Ramón Marcote en podcast coa Biblioteca da Fisterranía.
- 2023: Modesto Fraga reivindica a tese do Colón Galego coa publicación do libro de Ramón Marcote.
- 2023: Ramón Marcote protagoniza o segundo volume da Biblioteca da Fisterranía.
- 2021: A Fisterranía xa ten o primeiro volume da súa Biblioteca.
- Decembro 2019: A Biblioteca da Fisterranía, un proxecto editorial para recuperar toda a obra feita na fin da terra.