Fisterra volverá ser a capital mundial do Futbolín

Imaxe do torneo en 2016-Foto-Darío Gómez

Xa está en marcha a VI edición do Campionato Internacional de Futbolín na Fin do Mundo “Alexandre Finisterre”. O Concello de Fisterra abre a convocatoria para o 10 de setembro, cando a rúa Real se encha de tensión a partir das 19:00h.

Hai 3 categorías (150 euros en premis para cada categoría) e compre inscribirse nas Oficinas Municipais ou en culturafisterra@hotmail.com ata o mesmo día do torneo.

As bases son claras: serán parellas, partidas a 15 bolas, con saque inicial dende o centro; e non vale arrastrar nas barras dianteiras, soplar ou tocar a bola ca man; mover o futbolín….

Novas relacionadas