O linqueirón xa ten himno
A Festa do Longueirón e o Encontro Pirata en Fisterra voltaron esta pasada fin de semana con máis forza que nunca. Espectacular o ambiete que houbo na zona da Ribeira, tanto para as degustacións do manxar da fin da terra, como para ver o Encontro Pirata. Esa singular representación, realizada por medio centenar de veciñ@s da vila, que lembra o saqueo de Fisterra, en 1404, polos piratas comandados por Harry Paye.
Fermosa queda a vila no momento do Desembarco e a toma do castelo de San Carlos, e festa total pola tarde cos bombos dos Rapacollóns e pola noite coas discos móbil.
Máis do mesmo o domnigo, coa apertura dos chiringuitos da Ribeira para poder drisfrutar, con algo máis de espazo, o prezado “linqueirón”.
Un dos grandes momentos da fin de semana viviuse na noite dominical, coa actuación da Banda Xangai con Xurxo Souto que fixo cantar a toda a Ribeira o himno do Linqueirón. Unha banda que se pasará Orquestra Bravú Xangai gracias á sabedoría “do centro do mar, que non da fin da terra”, como nos conta o eterno artista, protagonista da creación do “Himno do Linqueirón”.
Linqueirón, Linqueeirón, espétame dentro co tanto sabor,
moi largo é o mundo, moi largo o planeta, pero linqueirón só hai en Fisterra!!!!
Así reza o novo himno, e así cantaban as parellas do lugar, facendo deste neoloxismo unha forma de entrar na vida da vila do Cristo. Souto tivo tempo para lembrar o gran Alexandre de Fisterra e a mítica Oda ao Futbolín dos seus Diplomáticos, tema que lle dedicou, na súa presenza, ao Mesejo, mariñeiro que salvou vida a toda a tripulación de Mozambique porque sabía falar galego. “Non puido ser máis épico”.
Tivo tempo de lembrar os tempos da Anchoa, de cantar a peza dos Meixidos, e de recuperar a época dos Papirus (a banda fisterrá de bravú dos anos 90), facendo que o seu seu vocalista, o teniente alcalde Kuka Sar, retomase o seu saber sobre o escenario cantando outro himno: “coma o vento”.
”Ver a toda a xente de toda a Ribeira coreando o himno puxo o peche a unha unha noite feliz”, relata un enchido Xurxo.