Muxía e Fisterra aprenden a reciclar

Comeza nos Concellos da zona unha máis que importante Campaña sobre recollida selectiva de lixo artellada dende Sogama. Se onte a aula móbil visitou Laxe, hoxe toca por Fisterra e mañá en Muxía. Estes xoves 8 e venres 9 de agosto, a explanada dos portos fisterrán e muxián convertiranse nun improvisado taller de reciclaxe, e durante a mañá, de 10:00h a 13:30h, haberá unha charla e xogos variados pensados para os pequenos.

Instalarase no peirao unha Carpa Móvil co “Xogo da Reciclaxe para tódolos nenos”. E ademais, a Aula Móbil está para dar información os asistentes sobre a Recollida Selectiva e Reciclaxe en Concellos Galegos.

Ademais, todos os asistentes serán obsequiados cun caldeiro para a recollida selectiva nas súas casas que proporciona o Concello.

Xa sabes: "Non rompas o esforzo de todos. RECICLA!"

Novas relacionadas

Fonte