Luns. 29.04.2024
El tiempo

Novos horarios para o único punto limpo da costa bergantiñá

Novos horarios para o único punto limpo da costa bergantiñá
Punto Limpo de Ponteceso

Xa coñecemos a lacra en materia de puntos limpos na Costa da Morte. Difícil é reciclar, difícil é evitar que os veciños non fagan vertedoiros ilegais nos montes se non temos unha infraestrutura de reciclaxe integral. En todo caso, que esta nota sirva de información.

Coa nova concesión do Punto Limpo da costa bergantiñá á empresa Coregal, temos novos horarios. Así, o Punto Limpo dos Concellos de Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso, situado no, Polígono Industrial de Tella, en Ponteceso, permanecerá aberto de luns a mércores en horario de mañá (de 10:00h a 13:00h) e de xoves a sábado mañá e tarde (de 10:00h a 13:0h e de 15:00h a 18:00h.

Horarios do Pinto Limpo de Ponteceso

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios