Menudo verán que espera en Muxía


Menudo verán que terán os pequenos e os maiores de Muxía. O Concello muxián presentaba un completísimo Programación Cultural e Deportiva de verán, con Mostras, deporte, obradoiros, festas, a semana cultural da Barca, teatro... e moito máis.
O alcalde Félix Porto debullaba o programa, destacando varias actividades. Ademais, como tódolos anos, o Concello de Muxía editou un libriño no que se recollen as actividade detalladamente día por día dos meses de xullo, agosto e Semana Cultural da Barca, en setembro.
Así que non deixen de descargar o programa para non perder unha soa cita do verán muxián. Pero mentres, imos repasando.
Mostras e obradoiros
Dúas mostras lucirán en Muxía este verán, a máxica "O meu mar", de Viki Rivadulla, do sábado 13 de xullo (con inaguración ás 2030h no Centro Social, e aberta ao 21 de xullo; E a Mostra de artesanía local e pintura de Xervasio Sar e Luisa Diz, do 15 de xullo ao 9 de setembro na Casa das Beiras.
Ademais, os máis pequenos terán varios obradoiros coa propia Viki, para aprender pintura e manualidades, así como un campamento urbano lúdico que reincidirá na igualdade.
Espectáculos
Unha das citas máis singulares, e doble, será a do 50 aniversario do pasamento de López Abente, artellada pola Fundación e o Concello. Ademais, hai outras citas, como o Concerto Folk do Carme de Muxía para o 26 de xullo, a Praza do Libro para a primeira fin de semana de agosto, o fantástico VII Mercado das Rutas do Mar, a presentación no marco do proxecto "Descubre Muxía" do roteiro das Caldeiras do Castro, ou a entrega do Premio María Amelia 2013.
Roteiros
Dúas serán as citas co sendeirismo, unha por Moraime e Os Muíños para o 26 de xullo e outra polas Caldeiras do Castro o 16 de agosto guiada por Xan Fernández Carrera.
Festas Patronais
Ata 18 festas patronais ten Muxía nestes 4 meses de verán... Temos verbeneo para escoller.
Semana Cultural da Barca
Probablemente o prato forte, culturamente falando, do verán muxián. A segunda semana de setembro encherase de cultura e contarán cunha Unidade didáctica sobre López Abente, obras da Escola Municipal de Teatro, xogos populares, Pandeireteiras, contos e títeres con Santi Prego, e concerto con Alvaro Muras Folkatro. Non quedará aí a programación, polo que haberá que estar atentos a novas confirmacións.
Moito deporte
Os amantes do deporte estarán ocupados coa Liga de FS, o curso de natacioón, o Triatlón popular, o Día da Bici, o curso de deportes de aventura, de surf e de vela e kaiak, ou os torneos polideportivos.
Máis información
Novas relacionadas
- Muxía acollerá un gran Triatlón popular.
- A Fundación López Abente celebrará o 50 aniversario do pasamento do poeta muxián.
- Muxía e QPC bótanse a durmir cos contos normalizadores.
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.