“Na Festa Folk aínda mantemos o espírito amateur e altruísta co fin de pasalo ben”

A Familia altruísta da Anchoa é fundamental para sacar adiante a Festa Folk Fisterra xa está preparada para XVII Festa Folk na Fin do Camiño. Este sábado 19 de agosto volve o folk á fin da terra. E o auténtico corazón desta festa musiqueira (ademais do que sae no cartel) é ese grupo de voluntarios que a fan posible traballando arreo coma as máis traballadores comisión de festas. Pedindo axudas dende á Deputación, ao Concello, pasando por cada casa, porta a porta, colleitando euriño a euriño, sendo, iso si, o chiringuito, a fonte de ingresos máis importante para a xente da Anchoa, que por iso convida a colaborar consumindo na cantina. Porque falamos dun dos poucos festivais con entrada de balde que quedan, que segue en marcha gracias ao compromiso do Concello (que fixo posible a chegada do prato forte do festival), da Deputación, e de todos os veciños e establecementos que colaboraron economicamente. Pero a realidade é que sen esas 30 persoas da Asoc. Anchoa, a festa sería impensable. Xentes que gastan as súas vacacións, que empregan o seu tempo libre a esta festa, aínda co seu espírito amateur, como recoñece a propia Soco Insua, unha das organizadoras. “Somos 30 persoas, 30 voluntarios, que de forma altruista total dedicamos parte do noso tempo libre a esta festa, cos nosos erros e cos nosos acertos, porque nos gusta o folk, e para que a xente, para que todos os públicos disfruten, non só os puristas. Aquí o que prima é pasalo ben, alegría, comer, disfrutar da música, da praia…” Eles son os Soco, María, Terucha, A Chata, Aida, Mari, Ara, Gabriela, Rocío, Zaira, Antía, Sonia, Cris, Artista, Pati, Juan Ramón, Ramón, Monchito, Victor, Juan Alberto, Ramón do caballero, Cheroki, Sergio, Javi, Raúl, Julio, Amaro ou Álvaro.
Socorro Insua fai de todo na Anchoa

A festa comeza co vermú e a orella

A festa familiar empeza ás 13:00h, coas gaitas de Buxantes na explanada da Anchoa, que se estrean en Fisterra, continuando coa política de traer grupos da comarca para abrir a festa. Sesión vermú, pulpeira, empanadas, mexillóns, polbo, orella… Pola tardiña, mentres que se fan as probas de son, será o tempo para que os nen@s disfruten cos inchables, todo de balde, por suposto.

O Festival Folk empeza ás 22:00h

O Festival musical comeza ás 22:00h, e o punto forte será a especial actuación de Xosé Manuel Budiño coa convidada especial, Mercedes Peón, que están aquí gracias á colaboración do Concello de Fisterra que o pedíu á Rede Cultural da Deputación, e que celebrarán na fin da terra o seu Concerto Paralaia, no aniversario do disco presentado hai 20 anos. “Estamos superagradecidos, pois seguimos sendo tan potentes gracias á implicación do Concello que nos conseguíu esta actuación”, recoñecen dende a Anchoa. Antes abrirá o escenario Fol de Veneno, que tamén a través da Rede Cultural, desta volta solicitada pola asociación organizadora. “Son veciños de Buño, de Bergantiños, que xa estiveron noutra ocasión e temos claro que queremos potenciar os grupos da zona”. Os d’Abaixo estréanse en Fisterra, con música de raíces que está pegando moito. Son de Compostela, e xa teñen chegado aos Festival de Lorient ou de Cardiff, dúas das citas folk máis importante… “Aon moi bos e cunha longa traxectoria”, apunta Socorro Insua. E para rematar a festa volven, por terceira vez, os da Compañía do Ruído. “Nós temos un cariño especial con este grupo porque sempre que estivo se portou moi ben con nós e sempre armou fai moita festa. E o que queremos é un folk máis cañero máis fusión para rematar a festa de xeito ideal”.
Imaxe da Festa Folk da Fin do Mundo do ano pasado  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)