Martes. 16.04.2024
El tiempo

“Na Festa Folk aínda mantemos o espírito amateur e altruísta co fin de pasalo ben”

“Na Festa Folk aínda mantemos o espírito amateur e altruísta co fin de pasalo ben”
Familia da Anchoa A Familia altruísta da Anchoa é fundamental para sacar adiante a Festa Folk Fisterra xa está preparada para XVII Festa Folk na Fin do Camiño. Este sábado 19 de agosto volve o folk á fin da terra. E o auténtico corazón desta festa musiqueira (ademais do que sae no cartel) é ese grupo de voluntarios que a fan posible traballando arreo coma as máis traballadores comisión de festas. Pedindo axudas dende á Deputación, ao Concello, pasando por cada casa, porta a porta, colleitando euriño a euriño, sendo, iso si, o chiringuito, a fonte de ingresos máis importante para a xente da Anchoa, que por iso convida a colaborar consumindo na cantina. Porque falamos dun dos poucos festivais con entrada de balde que quedan, que segue en marcha gracias ao compromiso do Concello (que fixo posible a chegada do prato forte do festival), da Deputación, e de todos os veciños e establecementos que colaboraron economicamente. Pero a realidade é que sen esas 30 persoas da Asoc. Anchoa, a festa sería impensable. Xentes que gastan as súas vacacións, que empregan o seu tempo libre a esta festa, aínda co seu espírito amateur, como recoñece a propia Soco Insua, unha das organizadoras. “Somos 30 persoas, 30 voluntarios, que de forma altruista total dedicamos parte do noso tempo libre a esta festa, cos nosos erros e cos nosos acertos, porque nos gusta o folk, e para que a xente, para que todos os públicos disfruten, non só os puristas. Aquí o que prima é pasalo ben, alegría, comer, disfrutar da música, da praia…” Eles son os Soco, María, Terucha, A Chata, Aida, Mari, Ara, Gabriela, Rocío, Zaira, Antía, Sonia, Cris, Artista, Pati, Juan Ramón, Ramón, Monchito, Victor, Juan Alberto, Ramón do caballero, Cheroki, Sergio, Javi, Raúl, Julio, Amaro ou Álvaro. Socorro Insua fai de todo na Anchoa Socorro Insua fai de todo na Anchoa

A festa comeza co vermú e a orella

A festa familiar empeza ás 13:00h, coas gaitas de Buxantes na explanada da Anchoa, que se estrean en Fisterra, continuando coa política de traer grupos da comarca para abrir a festa. Sesión vermú, pulpeira, empanadas, mexillóns, polbo, orella… Pola tardiña, mentres que se fan as probas de son, será o tempo para que os nen@s disfruten cos inchables, todo de balde, por suposto.

O Festival Folk empeza ás 22:00h

Festa Folk na Fin do Camino-Fisterra 2017 O Festival musical comeza ás 22:00h, e o punto forte será a especial actuación de Xosé Manuel Budiño coa convidada especial, Mercedes Peón, que están aquí gracias á colaboración do Concello de Fisterra que o pedíu á Rede Cultural da Deputación, e que celebrarán na fin da terra o seu Concerto Paralaia, no aniversario do disco presentado hai 20 anos. “Estamos superagradecidos, pois seguimos sendo tan potentes gracias á implicación do Concello que nos conseguíu esta actuación”, recoñecen dende a Anchoa. Antes abrirá o escenario Fol de Veneno, que tamén a través da Rede Cultural, desta volta solicitada pola asociación organizadora. “Son veciños de Buño, de Bergantiños, que xa estiveron noutra ocasión e temos claro que queremos potenciar os grupos da zona”. Os d’Abaixo estréanse en Fisterra, con música de raíces que está pegando moito. Son de Compostela, e xa teñen chegado aos Festival de Lorient ou de Cardiff, dúas das citas folk máis importante… “Aon moi bos e cunha longa traxectoria”, apunta Socorro Insua. E para rematar a festa volven, por terceira vez, os da Compañía do Ruído. “Nós temos un cariño especial con este grupo porque sempre que estivo se portou moi ben con nós e sempre armou fai moita festa. E o que queremos é un folk máis cañero máis fusión para rematar a festa de xeito ideal”. Imaxe da Festa Folk da Fin do Mundo 2016 Imaxe da Festa Folk da Fin do Mundo do ano pasado  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios