Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Anchoa sacou os cen pés a bailar

A Anchoa sacou os cen pés a bailar

Non defraudou a XIII Festa Folk na Fin do Camiño. A organizadora Asociación Anchoa valorou moi positivamente esta nova edición, incidindo na cantidade de xente, e de pereginos que se achegou ata a Langosteira para desfrutar da mellor música celta do país.

A noite presentábase espléndida, cunha temporatura ideal para disfrutar e bailar ata que o corpo aguantase. E aguantou ata máis das 6:00h, gracias á festa a pé de pista dos da Requinta da Laxeira. E iso que o festival trascorreu en hora, algo pouco habitual nesta clase de citas festexeiras.
A xente respondíu, e a cantina cumpriu as espectativas. Segundo nos conta Socorro Insua, da organización, "consumiuse algo menos que nos últimos anos, pero tamén é normal dado os tempos que corren. Tamén houbo algo de botellón, como é normal, pero moitos rapaces ao final non marcharon a Cee e acabaron consumindo cubatas, que eran dos de verdade, non de garrafón".
A nota curiosa a protagonizaron dous peregrinos italianos, que celebraron a súa boda na Igrexa de Santa María das Areas este mesmo luns, e o que celebraban na festa.

A volta dos Cempés

Eran, sen lugar a dúbidas, o plato forte do festival. Os Cempés foron un reclamo espectacular. Desaparecidos dende finais do 2007, o panorama folk galego agardaba como auga de maio a súa volta aos escenarios. Voltaban precisamente este pasado sábado 20 de agosto na fin do mundo e abofé que se notou que a xente tiña moitas gañas de volvelos escoitar. De feito os propios artistas fliparon coa acollida cando anunciaron a súa volta a través da súa web.

Segundo aseguran os expertos, se cadra notouse algo de falta de rodaxe, ademais de que a falta dunha batería dalles un toque máis tradicional. Con todo, o seu reencontro é unha boa nova para a música do país. Ademais, o ano que vén será moi especial para eles, pois celebrarán o 20 aniversario da creación da súa formación.

Os Cempés na Anchoa

Moita festa

E como ben sabemos por Fisterra, o que presta é a troula. Así que a noite trouxo moito máis. Tamén estiveron os The Crass, que malia contar con algún problema técnico, demostraron a súa tremenda calidade musical.

De seguido, Os Mordecáns trouxeron a súa novedosa rumba coa que moveron as cinturas de todos os presentes.

Pero os grandes protagonistas da noite, ademais dos veteranos, foron os rapaces da Requinta da Laxeira, banda que nace coa intención de recuperar o instrumento musical tradicional galego de igual nome. Tras abrir o festival, volveron á pé de pista cando parecía que morría. Eran arredor das 4:30h e resucitaron a festa ata 6:00h, demostrando que a súa forza está no corpo a corpo.

De aí que dende a Anchoa queiran agradecer particularmente aos rapaces de Vedra. Pero tamén quere estender o seu "agradecemento a todos os que fan posible que ano tras ano a Festa Folk siga a ser unhas das citas referentes na Costa da Morte", como colaboradores, socios, espectadores... Para o ano máis, non?".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios