Novos, e antigos inquilinos buscan fogar en Salvacadelos

Esta semana chegaron novos inquilinos á iniciativa solidaria que artella este diario da man da Clínica Veterinaria Argos de Cee. Pequenos e non tanto que buscan fogar con necesidade.

Uns son este par de preciosos cachorriños, que de seguro pronto lle atopamos casa.

Pero a historía máis impactante é a de Girasol. Xa o acollimos en Salvalcadelos tras pasearse por Fisterra mesmo cun cartel de "Busco Familia". Daquela acolleuno unha familia, que coa axuda de Salvacadelos atopou unha familia. Pero esta non a pode coidar máis, e a súa familia de adopción agora muda de casa.

Así que Girasol necesita un fogar, un fogar grande. I é que é un can grande, e moi listo. Ademais é un solazo de can, moi xoguetón e non ladra, pero necesita espacio.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).