Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cumple a lei, identifica ao teu can

Cumple a lei, identifica ao teu can

O microchip é un sistema de identificación electrónico para os animáis de compañía. Mediante un código numérico rexístranse os datos do animal e do dono, así se o can se perde ou é roubado as autoridades saben quen é a persoa responsable do animal para poñerse en contacto con ela. Dende o 2 de Xullo do 2003 é obrigatoria a identificación de todos os cans, mediante sistema de identificación electrónica normalizado. É obrigatorio para todos os cans, é dicir para tódalas razas, os mestizos, tódolos tamaños, cans de compañía, de caza, os usados para cría, etc. O microchip debe ser implantado antes dos tres meses de vida do animal. Así se recolle no Decreto 90/2002 do 28 de febreiro de 2003 (DOGA o 2 de abril de 2002, nºdog 63, páx 4.1) A identificación do animal consta de dúas fases. O primeiro é colocarlle o microchip, para posteriormente rexistralo no Regiac (Rexistro Galego de Animais de Compañía). As dúas accións tenas que levar a cabo un veterinario, e se non se efectúa o rexistro, o microchip non ten ningunha validez. O microchip é unha cápsula do tamaño dun gran de arroz e a súa implantación faise mediante unha inxección subcutánea no lado esquerdo do pescozo. É un proceso indoloro. É permanente. Só se pon unha vez na vida do animal, non hai que renovalo. Non é un localizador GPS. Os veterinarios e autoridades correspondentes teñen un lector para poder leer o microchip, simplemente pasándoo ó caron do animal. Cando o can se perde hai que poñelo en coñecemento dun veterinario para que de aviso ó Regiac (Rexistro Galego de Animais de Compañía). En caso de falecemento do animal, notificarase ó veterinario para que solicite a baixa no rexistro, firmando o propietario un Documento de baixa. Esta acción non ten ningún coste para o propietario. No caso de que o animal cambie de dono hai que facer unha Transferencia de propietario. Este trámite lévase a cabo nas clínicas veterinarias. Non ter identificada a mascota supón unha sanción de 300 euros, como mínimo. A cifra varía nas diferentes comunidades autónomas. Na Lei de Protección de animais o abandono dun animal está tipificado como infracción moi grave (artículo 38) e a sanción correspondente oscila entre 2.001 e 30.000 euros (articulo 41). Se todos cumplimos a lei, poderemos acabar co abandono de animáis e axudar os cans perdidos a atopar o seu fogar.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios