Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Araceli e Inés, unhas verdadeiras Salvadoras dende Bergantiños

Araceli e Inés, unhas verdadeiras Salvadoras dende Bergantiños

Multisalvadoras poderíamolas catalogar. Porque xa van centos de cans aos que salvan estas bravas carballesas. Estas Amigas dos Cans de Carballo estás a facer unha labor semellante á que fai a Clínica Veterinaria Argos e Salvacadelos, pero na zona de Bergantiños.

Unha é Inés (Inés Voluntaria polo seu aberto e públic facebook). A outra Araceli Vila, unha muller que, tendo unha casa ao lado do río en Bertoa, non se lle ocurriu unha tolemia máis grande que recoller nela a canto can abandoado aparecía pola volta. Non están soas, pois Ana Nipo tamén é voluntaria habitual e Txiqui uniuse nos últimos tempos a esta ardua labor.
Obrigada a crear unha Protectora porque tivo que adecentar as instalacións e necesita xente que apoie esa causa con donativos ou facéndose socia ou colaboradora voluntaria.

Recollen cans abandonados, ben sexa abandonados, ou froito de camadas non desexadas, e fomentan a adopción. Crean familias vaia. Ademais crean unha conciencia imprescisdible na zona, fomentando o respeto polos animais. E tamén reeducan a animais que se volveron ariscos e insociables polo maltrato e abandono.

Por todo este traballo acaban de nomear a Araceli "Bergantiñán do Ano". E moito máis que merece.

Máis información

  • Podes axudar á Protectora de Carballo facéndote socio/a desde 6 euros ao mes ou facendo un donativo ao nº de conta: Banco Pastor: 0072-0151-55-0000203213.
  • Tamén necesitan voluntarios para axudar nos labores diarios do recinto e coidado dos cans.
  • A protectora está situada en; As Airas Nº26 BERTOA-CARBALLO (A Coruña).
  • Telefono de contacto; 679307272.
  • Dirección de correo electrónico; [email protected].

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Fonte

Comentarios