O Domingo de Ramos abríu a Semana Santa

Xa estamos na Semana Santa. As procesións do Domingo de Ramos servirón para dar o pistoletazo de saída a estas festas sacras tan agardadas. E prevense unhas vacacións completas, sobre todo centradas na longa ponte, con grandes focos de atención como en Fisterra coas Festas do Cristo, en Camariñas coa Mostra do Encaixe, en Carnota coa Mostra Víndemo Ver ou en Muxía coa Festa do Congro.

En Fisterra conseguíu saír a Virxe da Dolorosa o pasado venres a pesar da amenaza de chuvia, e coma sempre, os máis devotos estiveron ao pé da Igrexa para recibila e a abrir as citas relixiosas. Este domingo tamén houbo cita coa Bendición dos Ramos na Capela do Bo suceso ata a Santa María das Areas acompañada da banda Desiderio Paz, dando lugar á misa.

Tamén houbo procesión en Laxe a golpe de Domingo de Ramos, cunha gran cantidade de devotos que luciron os seus ramos e acompañaron ata a misa á procesión.

Artigos relacionados

Outras citas por Semana Santa na Costa da Morte

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).