Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía ten listo o congro para a Festa de Semana Santa

Muxía ten listo o congro para a Festa de Semana Santa
Festa do Congrio en Muxia 2013

Esta semana Santa Santa, como non, en Muxía toca congro. Coma todos os anos, e xa van 17, a Festa do Congro de Muxía 2013 chega polo Venres Santo, o 29 de marzo. A partir das 13:00h, comeza a degustación na carpa do paseo (se hai mal tempo todos para o pavillón).

E para completar a oferta gastronómica con outras de lecer, do domingo 24 de marzo ata o 7 de abril hai unha exposición de puntura de Gervasio Sar e Chérie Trillo na Casa das Beiras, e unha Mostra de Artesanía Local na mesma Casa das Beiras.

Unha festa con historia

Unha das partes máis importantes desta festa é o seu simbolismo. A potencia do congro, a súa historia, fai que a festa sexa especial. Dúas familias seguen tirando do carro, loitando contra os temporais que de cando en vez arrasa cos fermosos secadoiros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios