Martes. 30.04.2024
El tiempo

Fe e troula compaxínanse nas Festas do Cristo de Fisterra 2013

Fe e troula compaxínanse nas Festas do Cristo de Fisterra 2013
Actividades relixiosas das Festas do Cristo de Fisterra na Semana Santa 2013

Non pasa nin unha semana dende que rematou o entroido e en Fisterra xa pensan en máis festa. De feito, xa estaban preparados os carteis pero non o sacaron ata hoxe para non quitarlle protagonismo ao senlleiro entroido fisterrán.

Así a Semana Santa de Fisterra xa ten datas, e coma sempre dxoble cartel, un coas citas relixiosas, e outro cos paganas-festexeiras, que fe e troula son perfectamente compatibles.

O venres 22 de marzo xa teremos as primeiras misas coa Procesión da Virxe Dolorosa, que este ano estará acompañada pola Banda Eduardo Pondal. O 24 toca o Domingo de Ramos, que abre para que o 29, o Xoves Santo, se represente na Igrexa Parroquial a Última Cea, e a Procesión do Paso da Oración do Huerto, desta volta coa Banda "Desiderio Paz".
O Venres Santo toca Vía Crucis e o santo Encuentro, para dar paso ao Desenclavo de Jesús e a procesión do Santo Enterro. Non acaban aí as citas relixiosas, pois o propio sábado 30, Sábado Santo, toca vixilia, e o Domingo de Resurrección, o Día do Cristo propiamente dito, vivirase a mítica resurrección no campo da Igrexa, a chamada máis popular destas Festas de Semana Santa na Costa da Morte. O luns de Pascua, 1 de abril, pechará as actividades relixiosas a misa solemne na Igrexa de Santa María das Areas.

3 días de troula

Pero como dicimos, ademais das actividades relixiosas, as orquestas son as outras grandes protagonistas destas festas. E non podían faltar as grandes. O sábado 30 de marzo estarán o Grupo Cilón e a Miramar; o domingo 31 será a gran festa coa Faina e a enorme Panorama, mentres que o luns 1 de abril, xa para pechar as festas, toca bailar coa Triunfo.

Citas festexeiras nas Festas do Cristo Fisterra 2013

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios