O mercado de Fisterra acolle unha charla sobre o entroido

Fisterra continúa coas actividades do entroido despois do seu gran desfile no que tivemos a oportunidade de participar.  Así mañá, ás 19 horas, o mercado municipal acolle unha charla-coloquio sobre a historia do entroido fisterrán. Entre os ponentes están Roberto Traba, Manuel Canosa Agustín Rivas, Teresa Fernández e outras persoas que participaron activamente no entroido de Fisterra durante os últimos anos. Ao remate da charla - coloquio os asistentes poderán degustar productos típicos do entroido e unha queimada feita por Roberto Traba.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).