Os mecenas salvan da queima do San Xoán parte do Gran Libro dos Señores Importantes

Emotivísima a Queima dos Cadros dos Señores Importantes no San Xoán de Mallas-Foto-Nacho Morán Cuadrado

Poucas cousas tan orixinais temos visto pola volta nos últimos tempos. Poucos proxectos na zona buscan financiamento a través do crowdfunding, esas iniciativas que se basean nas achegas de pequenos mecenas que fan posible sacar adiante unha idea. Un novo xeito de consumir e disfrutar a cultura, participando directamente no proceso creativo e mercando os produtos ou servizos por adiantado.

Ese é o xeito a través que a artista moldava Natasha Lelenco afincada nas terras de Fisterra vai publicar o O Gran Libro dos Señores Importantes. Xa ten conseguido o seu obxectivo de recadación gracias a case 140 micromecenas, pero aínda quedan unhas horas se queres participar, facer a túa achega e escoller unha das recompensas na plataforma Verkami.

A noite de San Xoán de Mallas foi unha demostración de arte efímera, coa queima de 9 dos cadros dos Señores Importantes de Natasha Lelenco

Un libro que sae das cinzas da exposición itinerante que leva 6 meses polo país e que pasou o último mes na Casa das Peritas, a nova galería de arte de Mallas, Fisterra. Eran 45 os Señores Importantes que Natasha realizara nun fermosísimo marco-tronco de madeira. Os que non fosen adoptados (vendidos) serían “sacrificados” no lume da noite de San Xoán. Finalmente foron 36 os vendidos, e só 9 os que pereceron (salvouse un) no lume, nunha fermosa acción de arte efímera, e no marco dunha fermosa noite máxica. Curiosa esa vicisitude da lingua, pois na lingua materna da artista, a palabra lume significa "xente". “Sen tanta xente, este proxecto non sería posible”, e nunca mellor dito:

Lume Lume from NATASHA LELENCO on Vimeo.

 

Queres facer a túa achega e obter a túa recompensa?

Ata as 9 da mañá do día 29 calquera pode sumarse e beneficiarse do senlleirísimo prezo de mecenas do Gran Libro dos Señores Importantes.Tamén facerse cunha das opcións de dúas noites na casa das peritas (só queda unha posible), un dos 4 retratos á carta dispoñibles, ou formar parte da xira de presentacións do Gran Libro.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).