Luns. 14.10.2024
El tiempo

Os mecenas salvan da queima do San Xoán parte do Gran Libro dos Señores Importantes

Os mecenas salvan da queima do San Xoán parte do Gran Libro dos Señores Importantes
Queima dos Cadros dos Señores Importantes-Foto-Nacho Moran Cuadrad Emotivísima a Queima dos Cadros dos Señores Importantes no San Xoán de Mallas-Foto-Nacho Morán Cuadrado

Poucas cousas tan orixinais temos visto pola volta nos últimos tempos. Poucos proxectos na zona buscan financiamento a través do crowdfunding, esas iniciativas que se basean nas achegas de pequenos mecenas que fan posible sacar adiante unha idea. Un novo xeito de consumir e disfrutar a cultura, participando directamente no proceso creativo e mercando os produtos ou servizos por adiantado.

Ese é o xeito a través que a artista moldava Natasha Lelenco afincada nas terras de Fisterra vai publicar o O Gran Libro dos Señores Importantes. Xa ten conseguido o seu obxectivo de recadación gracias a case 140 micromecenas, pero aínda quedan unhas horas se queres participar, facer a túa achega e escoller unha das recompensas na plataforma Verkami.

A noite de San Xoán de Mallas foi unha demostración de arte efímera, coa queima de 9 dos cadros dos Señores Importantes de Natasha Lelenco A noite de San Xoán de Mallas foi unha demostración de arte efímera, coa queima de 9 dos cadros dos Señores Importantes de Natasha Lelenco

Un libro que sae das cinzas da exposición itinerante que leva 6 meses polo país e que pasou o último mes na Casa das Peritas, a nova galería de arte de Mallas, Fisterra. Eran 45 os Señores Importantes que Natasha realizara nun fermosísimo marco-tronco de madeira. Os que non fosen adoptados (vendidos) serían “sacrificados” no lume da noite de San Xoán. Finalmente foron 36 os vendidos, e só 9 os que pereceron (salvouse un) no lume, nunha fermosa acción de arte efímera, e no marco dunha fermosa noite máxica. Curiosa esa vicisitude da lingua, pois na lingua materna da artista, a palabra lume significa "xente". “Sen tanta xente, este proxecto non sería posible”, e nunca mellor dito:

Lume Lume from NATASHA LELENCO on Vimeo.

 

Queres facer a túa achega e obter a túa recompensa?

Ata as 9 da mañá do día 29 calquera pode sumarse e beneficiarse do senlleirísimo prezo de mecenas do Gran Libro dos Señores Importantes.Tamén facerse cunha das opcións de dúas noites na casa das peritas (só queda unha posible), un dos 4 retratos á carta dispoñibles, ou formar parte da xira de presentacións do Gran Libro.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios