Piden un escudo oficial para Fisterra

Son varios os anagramas que se poden atopar

Asegura José Fernando Carrillo Ugarte, presidente da Asociación de Veciños “Costa da Morte”, que ata o de agora “o Concello de Fisterra usou erroneamente un anagrama sen ningún valor oficial como un dos seus símbolos como escudo distintivo”.

Por iso, consideran necesario que o Concello aprobe de inmediato os símbolos oficiais que o distinguen, como o escudo e a bandeira. Xa o pedira en 2016, e lembra que hai uns anos comezou o expediente para dotar ao Concello de Fisterra dun escudo oficial, de acordo coa normativa vixente, e que debe ser sometido á aprobación definitiva pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia. O ex voceiro socialista Juan Boullosa fixera unha proposta no seu momento, pero quedara no esquecemento.

”Hai que ter en conta que todos os concellos da comarca teñen o seu escudo oficial e distintivo (Corcubión, Cee, Dumbría, Muxía, Vimianzo, Carnota ...), mentres que Fisterra só ten un anagrama, que non corresponde á importancia que este Concello ten, sendo o referente turístico da Costa da Morte”, critica a entidade.

Novas relacionadas