"Quen se fai responsable das perdas de estarmos 4 horas sen luz?"

Imaxe da vila de Fisterra
Imaxe da vila de Fisterra

”Para que imos loitar por un barco deportivo se depois quedamos sen luz?”, preguntábase algún hostaleiro de Fisterra esta fin de semana. I é que a vila do Cristo, aí como toda a zona do litoral atlántico fisterrán, os lugares ceenses de Lires, Canosa, Pereiriña… e mesmo algunha aldea da costa sur de Muxía, pasaron máis de 4 horas sen luz. En pleno século XXI.

Entre as 11:00 e as 15:00h, bares, hoteis, comercios… todo tipo de establecimentos, e de vivendas, quedaron sen luz, por un problema na estación da Pontella. Unha situación estrana pois a esa hora da mañá non había demasiado vento, como si fixo durante a madrugada.

”Se fose algo puntual, pois aínda bueno, pero como está sucedendo continuamente, parece que nos toman o pelo. Seguro que tardabantanto en arranxalo na Coruña…” pregúntase irónicamente o teniente alcalde Kuka Sar. Un Sar que aproveitou as redes sociais para facer política e preguntarse quen critica máis a situación, en relación ao seu partido, ao BNG, e quen son os culpables de que Galicia pague a factura eléctrica máis cara de España ao mesmo tempo que ten as infraestruturas máis precarias.

O Concello de Fisterra enviará unha queixa formal á empresa sumistradora do servizo.

Episodios semellantes temos vivido xa este outono como cando Mazaricos pasou un día enteiro sen internet pola desidia de Movistar, ou cando a mesma empresa esqueceu que a parroquia dumbiresa de Olveira tamén existe.

Novas relacionadas