Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Movistar esquece unha parroquia de Dumbría

Cables de telefono apoiados en troncos
Así están os cables de teléfono en Touzas
Movistar esquece unha parroquia de Dumbría

O pasado 21 de decembro de 2018, un temporal tirou abaixo dous postes de cables de telefonía (ao día seguinte un camión tiraría un terceiro) no lugar de Touzas, na parroquia de Olveira, Dumbría. Dende aquela, non paran de ter problemas algunhas das 14 casas do lugar. Uns problemas que se alongan ata o día de hoxe, pois levan 3 semanas sen teléfono nin internet. “Os escolares que viven aquí necesitan internet para estudiar, e non falemos dos negocios de gando, da panadería, da tenda de piensos, ou dunha persoa que leva unha asesoría e que traballa dende casa”, explica José Manuel Caamaño, un dos veciños afectados.

A problemática vén dende aquel crú mes de decembro. Foi máis dun mes nos que media ducia de casas estiveron sen servizo, a pesar das ducias de chamadas que a veciñanza lle facía a Movistar. Aló por comezos de febreiro se presentaron para solventar a circunstacia, pero o que fixeron foi pasar un dos cables por riba da terraza da casa dunhas veciñas. O servizo restaurose pero con cutres remendos.

poste de telefono caido en Touzas-Dumbria
Así caía o poste en decembro

cables de telefono en touzas
Remendo feito co cableado do teléfono

Parte das familias afectadas, despois de chamar e chamar, e recibir como resposta un escueto “Todo o mundo ten un móbil en casa”, pasáronse, por desesperación, a Movistar Radio. “Pero vai faltal”, sinala Caamaño. “Teléfónica non fai caso ás familias, por iso decidimos sacalo na prensa, e presentar unha demanda colectiva”, explica.

Valora a colaboración do Concello, que sabe como está a situación e falou en varias ocasións para restablecer o servizo, pero como “vendemos todo”, agora queda en mans privadas. 

Mentres seguen esperando unha solución tras tres semanas sen conexión (os cables gabean polas terrazas e apóanse en troncos vellos e ata a caixa de pares está absolutamente esfolada), a veciñanza tamén espera por unha fibra óptica que, por exemplo, xa está instalada en moitas das parroquias de Cee. Pero que ata Dumbría aínda tardará en chegar, con toda probabilidade.

Estado da caixa de conxions de Touzas

Comentarios