Martes. 16.04.2024
El tiempo

Mazaricos pasou un día enteiro sen internet

O Concello de Mazaricos presentará reclamación oficial e axudará aos veciños a facelas súas ante o abuso de Movistar, que deixou á Picota un día enteiro sen internet
 
Mazaricos pasou un día enteiro sen internet

Un día enteiro sen internet neste 2019 é demasiado. Un día enteiro sen poder traballar, por exemplo no Concello, onde os traballadores non puideron realizar ningunha das súas labores.

Pois unha pequena avaría na centraliña da Picota deixou todo o núcleo urbano sen rede durante mís de 24 horas. Unha situación que fio que practicamente todo o Concello se vise perxudicado (incluso veciños do norte de Outes ou das parroquias dumbriesas de Olveiroa e Olveira), pois na Picota é onde están boa parte dos servizos: administración, centro de saúde, instituto, bancos, caixeiros automáticos, farmacias, e todo o que funcione con tpv: supermercados, tendas, restaurantes, hospedaxes... Un

A empresa, Movistar, agotou o prazo establecido para arranxar unha incidencia, sen facer caso durante toda unha tarde e unha noite ás peticións da veciñanza e do Concello.

O concello fará unha reclamación oficial, “por suposto”, explican fontes municipais, e “axudaralle aos veciños a que fagan as súas xustas reclamacións, ante este abuso por parte de Movistar” (propietaria das infraestructuras que fallaron onte), pois entenden que foi "un trato discriminatorio" cun lugar do rural. "Unha avería que é a substitución duns módulos non pode tardar 25 horas en solventarse", lamentan dende o pósito, convencidos de que se fose nun entorno urbano a incidencia duraría moito menos tempo.

Comentarios