Sae ilesa do incendio do seu coche en Fisterra

Saía de casa co seu vehículo e de súpeto, o coche comezaba arder no medio da AC-440 que une Fisterra e Corcubión, a altura do cruce de Mallas, no termo municipal Fisterra. A moza, natural de Sardiñeiro, conseguía saír do vehiculo pero non puido evitar que en apenas uns minutos o vehículo quedase totalmente calcinado.

Ao lugar chegaban membros de Protección Civil, Policía Local de Fisterra, os Bombeiros de Cee, así como os antiincendios do Grupo V, que rapidamente inverviron para que o lume non se propagase polo monte.

Afortunadamente todo quedou nun susto.

Novas relacionadas

Fonte